Sunday 12 de May de 2024

O Centro de Maiores de Paderne acollerá un ano máis o programa Sénior da UNED


O período de inscrición para o primer cuadrimestre está aberto ata que se cubran todas as prazas ou comecen as clases, a primeira se-mana de outubro

Está destinado a maiores de 50 anos, que poden matricularse nas materias que desexen

O Centro de Maiores de Paderne volverá ser o escenario no que se leven a cabo as clases da UNED Sénior. Dirixido a persoas de máis de 50 anos, este programa é re-ferente na dinamización rural de Galicia, xa que ofrece aos participantes a posibi-lidade de enriquecer os seus coñecementos de forma aberta e flexible.

Non hai exames un número fixo de materias ás que matricularse. As clases do primeiro cuadrimestre iniciaranse a primeira semana de outubro e rematarán a primeira semana de febreiro de 2024.
Neste curso 2023/2024, no programa da UNED Sénior A Coruña, ofértanse 25 ma-terias, 13 das cales se imparten neste primer cuadrimestre. Entre elas atópanse as seguintes: Patrimonio Histórico, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Cultura Musical de Galicia, Historia da Arte, Iniciación á Lingua Inglesa II e Introdución á Informática, Internet e Correo Electrónico.

Desde o goberno local apuntan que “é un pracer formar parte do programa, pois supón unha moi boa opción para as persoas que queiran enriquecer os seus coñe-cementos e manterse mentalmente activas, mellorando a súa calidade de vida e tamén fomentando as relación interpersoais”.